IRPF: Quen paga a conta aquí?

Un exame das declaracións da renda do traballo na Galiza evidencian como se está a alargar cada vez máis a fenda entre as persoas que máis cobran e as que menos. As e os contribuíntes galegos que declaran por riba dos 150 mil euros anuais aumentaron un 24% e os que perciben menos de 6 mil, un 21%. O groso da factura continúana a pagar as rendas baixas e medias, que achegan 3 de cada 4 euros que se recadan no IRPF.

axencia tributaria
photo_camera [Imaxe: Axencia Tributaria]

A pirámide ensancha –moito– pola base, enfraquece no medio e ensancha –un pouco– no alto. Non é a pirámide poboacional, senón a táboa de declaracións do IRPF (Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) na Galiza correspondente ao último exercicio. Unha imaxe que é representativa “da conciencia fiscal que existe”, en palabras dun inspector de Facenda en excedencia.

Aumentaron aquelas persoas que declaran unha base impoñíbel por riba dos 150 mil euros, e non pouco. Son un 24% máis que no exercicio anterior. Case 3 mil persoas, das cales, 263 gañan máis de 600 mil euros. Estas 263 ‘fortunas’ son o 3,6% das existentes no Estado español. No conxunto estatal o número de persoas que declaran máis de 600 mil euros supera as 7.100.

Estas 2.943 persoas que na Galiza gañan máis de 150 mil euros representan o 0,24% do total de contribuíntes galegos.

No outro extremo, as persoas que cobran por baixo dos 6 mil euros anuais. Son 396 mil, o que supón 70.555 persoas máis que na anterior campaña de declaración da renda. Este grupo aumentou un 21%. Son o 32%, un de cada tres persoas declarantes na Galiza.

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 255 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios