xoves 15/04/21

A industria galega toca fondo tras anos de crise

Os fechamentos e o desemprego golpean o conglomerado industrial galego desde hai máis dunha década. Mentres o sector manufactureiro alemán aumentou o seu valor engadido bruto entre 2008 e 2019 nun 29%, o valor xerado polas manufacturas galegas reduciuse en preto de 8%. Ao tempo, Galiza perdeu durante ese período un de cada cinco empregos na industria, sector que as persoas expertas consideran chave polo seu efecto multiplicador para o conxunto da actividade económica. A pandemia do coronavirus aguza unha tendencia de fondo.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou a planta de Alcoa San Cibra onde estivo acompañado pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. Alcoa San Cibrao, San Cibrao (Lugo), 8 de outubro de 2019
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, nunha visita a planta de Alcoa San Cibrao, onde estivo acompañado pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. 8 de outubro de 2019 (Foto: Europa Press)
A crise do sector industrial déixase notar no conxunto da Galiza. Na Mariña, a continuidade da factoría de aluminio de San Cibrao (Cervo), con máis de 500 empregos directos e outros tantos indirectos, pende dun fío, unha vez que a…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios