A hostalaría galega prepara vaga de mobilizacións contra o peche e a falta de axudas

Haberá mobilizacións en diferenets cidades e tamén unha a nivel galego.
Concentración da hostalaría en Ferrol. (Foto: Europa Press)
photo_camera Concentración da hostalaría en Ferrol. (Foto: Europa Press)

Os hostaleiros galegos secundarán mobilizacións contra o peche do sector e para esixir axudas, segundo explicaron a Europa Press desde as distintas asociacións consultadas.

Ademais, confirmaron que ultiman a convocatoria dunha protesta a nivel galego, pendente de ratificar o día, mentres pediron unha reunión co presidente da Xunta, Núñez Feixoo.

Así o confirmou o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo,  Cheché Real, que anunciou a convocatoria dunha manifestación para o sábado nesta cidade, a partir das 11:00 horas, para protestar polas novas restricións que levarán ao peche da hostalería durante un mes en 60 concellos, entre eles as sete cidades galegas.

Real queixouse de que "se cargue" contra o sector da hostalería "cando todos os informes oficiais que nos chegan din que os  contaxios en cafeterías, restaurante e outros locais non pasan dun 3  ou 3,5%", apuntou en liña co expresado por outros representantes deste sector. "Non entendemos esta  inquina coa hostalería", lamentou.

Fronte á baixa porcentaxe nos negocios de hostalería contrapón o que ocorre nas reunións familiares ou de amigos, con niveis de contaxio do 18%. "En reunións fose do ámbito da hostalería é onde se disparan os  contaxios", argumenta.

Por outra banda, incide en que desde a hostalería investiuse "en medidas de protocolo hixiénico sanitarios" que agora "non valen para nada".

Neste contexto,  Cheché Real defendeu a necesidade de que se fixen criterios con "un pouco de sentido común coa economía, porque dependen diso moitas  familas".

En canto á manifestación do sábado, avanzou que acudirá "todo o sector da distribución da provincia de Lugo, tamén directamente afectados".

Para ese día, desde o sector da hostalería da Coruña responsables de establecementos están a convocar unha concentración, ás 12:00 horas, na praza de María Pita.

Sen un calendario de protestas concretado, o presidente da Asociación Provincial de Hostalería da Coruña,  Héctor  Cañete, avanza xa que están ao ultimar e confirma a convocatoria dunha a nivel galego, cunha táboa de reivindicacións, pendente só de concretar o día.

O mesmo sinalan desde Ourense. O presidente da Confederación de Empresarios de Hostalería desta provincia, Ovidio Fernández, apela, como trasladaron tamén desde asociacións de hostalería como a de Santiago, á necesidade dun "plan de rescate" para o sector ante uns peches "non entendidos".

Comentarios