O Grupo Villar Mir obtén 34,5 millones do fondo de axudas da SEPI para Ferroatlántica

A sociedade de Villar Mir tramita actualmente na Galiza catro parques eólicos, e nos últimos anos desfíxose das súas fábricas en Cee e Dumbría, e máis dúas centrais hidroeléctricas, vendéndoas a un fondo de investimento.
Fábrica de Ferroatlántica en Arteixo (Foto: Ferroglobe).
photo_camera Fábrica de Ferroatlántica na Coruña (Foto: Ferroglobe).

A Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) vén de aprobar a concesión dunha axuda de 34,5 millóns de euros ao Grupo Ferroatlántica, participado por en un 54% por Grupo Villar Mir, que se canalizará a través da concesión dun préstamo participativo por importe de 17,6 millóns e outro ordinario de 16,9 millóns de euros.

Villar Mir, accionista tamén de OHLA e propietario de varios negocios enerxéticos e inmobiliarios, solicitou en abril do ano pasado esta axuda para as actividades no Estado español do produtor de silicio metal e aleacións de ferro Ferroglobe, no marco dos fondos aprobados polo Goberno estatal para axudar ás empresas estratéxicas afectadas pola pandemia.

Nun comunicado, a SEPI defende aprobar esta operación tras levar a cabo un "exhaustivo e rigoroso proceso de análise" da situación económica e xurídica da empresa, do impacto que sufriu pola Covid e do plan de viabilidade que presentou o grupo Ferroatlántica, así como das perspectivas de evolución e das garantías achegadas para asegurar a devolución do apoio financeiro público temporal que vai recibir.

Os negocios de Villar Mir na Galiza

A actividade de Ferroatlántica desenvólvese no sector metalúrxico, sendo un dos maiores produtores mundiais de silicio metal e ferroaleaciones a base de silicio e manganeso, e que atende a clientes de todo o mundo en mercados como o solar, o da automoción, o dos produtos de consumo, a tecnoloxía, o da construción e o da enerxía. A súa actividade industrial vai desde a extracción do mineral de cuarzo nas dúas minas coas que conta na Coruña, ata a fabricación e comercialización de silicio metal e ferroaleaciones que se producen nas súas plantas no Estado español.

Aliás, cómpre lembrar que o grupo se desfixo nos últimos anos das fábricas de Cee e Dumbría, actualmente baixo a denominación de Xeal, após vendelas a un fondo de investimento nunha operación na que se incluíron as centrais hidroeléctricas do río Xallas e Grande.

O Grupo Villar Mir, por outra parte, está a tramitar no país os proxectos eólicos A Picota, A Picota II, Vilacova e Monte da Croa.

Comentarios