Grave crise no sector do mexillón con tres novos polígonos pechados por marea vermella

Apenas o 12 por cento da produción galega está en funcionamento unha vez que a detección de biotoxinas obrigase a paralizar tamén actividade en Muros, Noia e Cambados.

Bateas nunha ría galega
photo_camera Bateas nunha ría galega

Tres novos polígonos de mexillón foron pechados debido á detección de biotoxinas nas augas da costa galega. En concreto, os polígonos que se viron obrigados a botar o peche até que se solucione a marea vermella son o de Muros A, Noia A e Cambados A2, E.

Desta forma, unicamente seis polígonos de mexillón das rías galegas atópanse abertos, o que supón menos do 12 por cento do total, unha grave crise. Os datos están recollidos do último informe de situación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), publicada na súa páxina web.

Os polígonos que permanecen abertos son os de Sada 1 e 2, situados na ría de Ares-Betanzos, e os de Redondela B,C,D e E, emplazados en Vigo. En todos estes polígonos realizáronse mostras este venres.

Comentarios