O goberno español impón ás autonomías a obriga de recortar 8.000 millóns de euros en 2 anos

Núñez Feijóo e Rajoy na Moncloa

No informe orzamentario remitido a Bruxelas dentro do plan de estabilidade, o executivo de Rajoy marca a folla de ruta con novos recortes e axustes.

Recadar máis impostos, 'aforrar' con medidas como a reforma das pensións, obrigar ás comunidades autónomas a recortar... O goberno español enviou a Bruxelas o seu plan orzamentario para reducir o déficit. Nese documento, o executivo do PP inclúe que as autonomías van ter que recortar 8.000 millóns de euros nos dous vindeiros anos. Tras varios anos de tesoirazos en territorios como Galiza, desde Madrid vaise obrigar ao que cualifican de novo axuste, o que repercutirá en servizos públicos, educación, sanidade, empregados públicos...

Para 2014 as medidas previstas a adoptar, como a redución de gastos de persoal ou farmacéuticos, ou ben os maiores ingresos derivados da suba en impostos directos e indirectos, implicarán un axuste de máis de 4.000 millóns de euros.