O Goberno aclara que non se prohiben as rebaixas en comercios físicos, senón as aglomeracións

Comercio (Europa Press)
As queixas dos comercios diante da imposibilidade de competir coas grandes marcas fai que o Goberno español especifique a norma.

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo aclarou, a petición da patronal de comercio téxtil Acotex, que o que se prohíbe son as aglomeracións e non a posibilidade de facer rebaixas e promocións en establecementos físicos. Tamén o comercio galego fíxose eco desta prohibición que consideraban inxusta.

Desta forma, o departamento liderado por Reyes Maroto aclarou o contido da Orde publicada esta terza feira no BOE polo Ministerio de Sanidade, que sinala que "os estabelecementos non poderán anunciar nin levar a cabo acciones comerciais que poidan dar lugar a aglomeracións de público, tanto dentro do establecemento comercial como nas súas inmediacións", sen que afectase o comercio online, o que provocou o malestar do sector.

Agora, o departamento de Comercio precisou, na comunicación remitida a Acotex, que "hai que interpretar dita norma no sentido de que o que se prohibe son as aglomeracións e non a posibilidade de facer rebaixas e promocións en establecementos físicos".

Na súa resposta, o departamento de Reyes Maroto sinala que se trata dunha primeira interpretación á disposición adicional segunda da Orde e que se remitiu unha consulta ao Ministerio de Sanidade sobre o asunto.