venres 25/09/20

O gasto galego en I+D+i non chega a 1% do PIB

Está lonxe de acadar as porcentaxes de investimento público doutros territorios da Unión Europea.
laboratorio I+D investigación
laboratorio I+D investigación

A innovación na Galiza está lonxe de acadar as porcentaxes de investimento público doutros territorios da Unión Europea. Segundo os datos da Fundación Cotec, a Xunta só destina 0,94% do seu Produto Interior Bruto á investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i), moi por debaixo tamén da media do Estado español (1,24%). 

Mentres a Xunta saca peito por encadear cinco exercicios consecutivos á alza e por aumentar 23% o gasto nesta materia no período 2014-2018, Cotec lembra que o persoal que traballa en I+D+i na Galiza é só 0,98% do total de ocupados (2,10% en Euskadi) polo que advirte de que o investimento nesta materia está "moi afastada" do que correspondería ao seu potencial económico.

comentarios