Galiza supera a media estatal de gasto en criptomonedas

Máis de 3.500 euros e con Bitcoin como líder.
O Bitcoin é a criptomoeda por excelencia, pero no mercado hai até 10.000 referencias, moitas delas fraudulentas (Foto: Pexels).
O Bitcoin é a criptomoeda por excelencia, pero no mercado hai até 10.000 referencias, moitas delas fraudulentas (Foto: Pexels).

As criptomonedas gañan popularidade malia o seu alto risco. Segundo a radiografía do perfil do investidor no Estado español en criptoactivos elaborada pola plataforma especializada Criptan, no Estado español destinan 4.100 millóns en investimento de criptomonedas cun investimento medio de ao redor de 3.100 euros por persoa. Unha porcentaxe que se supera na Galiza.

O informe s'Perfil Investidor en Criptoactivos', presentado pola plataforma analiza o tipo de persoa usuaria que inviste en moeda virtual. Trátase, apuntan, en máis de 85%, de homes cunha idade media de 40 anos. En canto á súa situación laboral, este estduo recolle que case sete de cada 10 investidores traballan por conta allea, mentres que perto de 18% faino por conta propia e case 7% son estudantes.

Na Galiza, o investimento medio supera os 3.500 euros, lixeiramente superior á media estatal, que se sitúa nos 3.100 euros, sendo Bitcoin (ao redor de 57%) a criptomoneda preferida dos galegos. e galegas A continuación, sitúanse USDC (21,2%) e Euro (11,8%).

A nivel estratéxico, o informe revela que a maioría das persdoas investidoras no Estado optam por unha estratexia a longo prazo. Isto, segundo o propio informe, "evidencia que o principal obxectivo dos investidores en criptoactivos é o aforro e non a especulación".

No conxunto do Estado español Bitcoin continúa a ser a criptomoeda máis popular, representando 57,8% do volume total de transaccións. Con 16,7% do volume total de transaccións, Ethereum mantense como a segunda criptomoneda máis negociada no Estado; e a terceira é Solana, con apenas 3% das transaccións.

Comentarios