Esa Galiza que é cada vez máis rica
28 de xaneiro de 2018 (17:00 h.)
O número de galegas e galegos que teñen a obriga de pagar o Imposto de Patrimonio aumentou desde que en 2010 se recuperara este gravame. Son xa case 7.700.
Porén, hai tamén outra realidade que non debe deixarse fóra de foco: a dos ricos en Galiza. Temos no país case 7.700 persoas que pagan o Imposto de Patrimonio. Son as que se poden denominar persoas ricas. Un privilexiado e selecto grupo que é agora un pouco máis numeroso do que o era en 2010, cando este Imposto se volveu instaurar. Estas 7.700 persoas suman un patrimonio que vai cara aos 35.000 millóns de euros. Unha cifra que multiplica por catro os orzamentos da Xunta para 2018.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 281, á venda na loxa e nos quiosques habituais]