domingo 09/05/21
Galiza, quen máis recada por Patrimonio

Os galegos da lista Forbes

O 42% do patrimonio que acumulan as cen persoas máis ricas do Estado está en mans de oito galegos, unha porcentaxe moi superior á que representan madrileños e cataláns. As contas do grupo Inditex son as que desequilibran a balanza a prol do selecto club de potentados galegos. Escribimos sobre eles no Sermos Galiza 240. Eis un extracto da reportaxe.

El-empresario-gallego-Amancio-Ortega-

A última actualización da Lista Forbes –de novembro do ano pasado- outórgalle a Galiza o cuarto lugar na listaxe de grandes fortunas das comunidades autónomas. Só Catalunya -27-, Madrid -24-e Comunitat Valenciana –unha decena- teñen máis persoas ricas, se ben o patrimonio que acumulan as oito persoas galegas máis adiñeiradas é moito máis elevado que o que o son os dos outros territorios. Por exemplo, mentres as 27 grandes fortunas de orixe catalá suman arredor de 32.475 millóns e as madrileñas, perto de 40 mil, as galegas,con oito presenzas nunha listaxe de cen, posúen 83.600 millóns.

1Os dez destacados multimillonarios valencianos suman 15.300 millóns; os cinco baleares 6.650 e os oito vascos 4.875. O conxunto destes dados fai de Galiza o territorio do Estado que concentra o 42% do total do patrimonio analizado na lista: 198.425 en total. Nesa desproporción entre o número e o volume de grandes fortunas xoga un papel crucial Amancio Ortega, cuxo patrimonio, segundo a cuestionada revista –esta mesma semana, un dos protagonistas, Manuel Añón, dubidaba da fiabilidade deses dados–, supera xa os 71 mil millóns. A súa filla, Sandra Ortega, ten xa 7.600.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 240, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

comentarios