Freire di adeus a toda unha historia entre Lugo e Santiago

Unha UTE entre Monbús e Alsa é a que prestará este servizo.

empresa freire

Freire leva desde 1911 dedicada ao transporte de viaxeiros, máis dun século de vida. E unha parte desa vida vai ligada á liña Lugo-Santiago de Compostela, que prestaba esta empresa desde hai 75 anos e que empregaron ducias de miles de persoas.

Era, ante a ausencia de liña férrea, o modo de comunicación tradicional nestas décadas non só entre Lugo e a capital galega, senón tamén entre toda unha serie de concellos (Melide, Arzúa, Palas...) aos que este autobús servía para comunicar con estas 2 cidades e os outros municipios.

Ese traxecto pola estrada, de entre hora e media e dúas horas, tiña máis de medio cento de paradas. Unha cifra que non só indica a ‘dispersión’ xeográfica e poboacional (ou ‘humanización’ do territorio se se quer) senón a importancia comunicativa que representaba ‘O Freire’. Sábeno ben a veciñanza desas localidades e tamén os estudantes, un dos colectivos que máis partido tirou destes autobuses.

Ademais, e até hai escasamente unha década, ‘O Freire’ era a conexión que había entre Santiago e o aeroporto de Lavacolla se un non podía ou non quería recorrer a un taxi.

Freire pon así o ramo a eses 75 anos de historia e esta terza feira, 22 de decembro, realiza a súa última viaxe entre Compostela e Lugo. Unha UTE entre Monbús e Alsa faise agora co servizo, no marco de proceso de concentración de empresas de transporte que Galiza vive desde hai décadas.

Polo camiño, un bo número de empresas de xerme familiar (e non tanto) foron quedando subsumidas ou desprazadas polas ‘grandes’ do sector: Monbús, Alsa e Arriva. Liñas coma a do Celta, Castromil...

Comentarios