mércores 19/01/22

Folga de plenos en Oia en solidariedade [email protected] [email protected] polas preferentes

O alcalde e os outros cinco concelleiros do PP en Oia ameazaran en febreiro con se dar de baixa no partido conservador se goberno central e autonómico non solucionaban o problema
Foto: @lara_grana
Foto: @lara_grana

Continúa o órdago en Oia. Alcalde e concelleiros do PP manteñen o pulso e reafirmaron que non realizarán ningún pleno no concello mentres os gobernos galego e español non resolveren en sentido positivo o calote das preferentes. 

Destarte, con esta iniciativa o Concello quer mostrar a súa solidariedade cos afectados, que son centos nesta vila pontevedresa. Esta suspensión das sesións comeza desde esta mesma semana e afecta os plenos nos que se ían debater os orzamentos municipais

O grupo municipal do PP de Oia, que detén a Alcaldía deste concello pontevedrés con Alejandro Rodríguez á fronte, remitiu en febreiro senllas cartas a Xunta e executivo central en que lles solicitan un cambio de posición a respeito do calote das preferentes.

Rexedor e [email protected] populares en Oia trasladaron a Feijóo e Rajoy o seu malestar co tratamento que se dá a un problema que afecta a milleiros de [email protected] (e non poucos veciños en Oia). Rodríguez e os edís populares entenden que nin goberno autonómico nin central están a facer o preciso.

O propio alcalde de Oia afirmou daquela que se non había "resposta satisfactoria", el e o resto dos e das concelleiras do grupo de goberno, actualmente no PP, pasarían ao grupo mixto.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Folga de plenos en Oia en solidariedade [email protected] [email protected] polas preferentes
comentarios