LABORAL

A folga de Albada na Coruña entrará nunha nova fase e “vai para longo” tras relaxar uns días a tensión

Unha asemblea do persoal decidirá as novas medidas de presión e debaterá sobre o rumbo dunha greve que non prevé desmobilizarse mentres xa se normalizou a recollida de lixo na cidade “en sinal de boa vontade”.

lixo
photo_camera lixo

Desapareceron as imaxes de lixo acumulado e sen recoller da cidade da Coruña. Esta incidencia estaba relacionada coa folga que desde hai doce días mantén o persoal da planta de residuos de Albada, que decidiron nas últimas datas relaxar a súa presión e buscar “unha maior paz social en sinal de boa vontade” pero que teñen en mente novas mobilizacións e medidas que debaterán nunha asemblea que terá lugar o venres á noite.

 

As negociacións entre o comité e a empresa -con mediación do Consello Galego de Relacións Laborais- non chegaron a bo porto e foron rotas pola empresa de forma unilateral segundo a CIG, pero o normal é que se reinicien na próxima semana, onde tampouco se descartan novos problemas na recollida de lixo.

 

As rebaixas salariais, os despedimentos de once empregad@s e o aumento da xornada son os puntos que levaron ao persoal á greve. A última oferta da empresa foi a de rebaixar os soldos un 18 por cento. Por iso, dende o Comité agoiran que “a folga irá para longo”.

Comentarios