A flota pesqueira mantén o amarre até a cuarta feira ante a suba de prezos

Outro factor para tomar esta decisión é o feito de que, debido á folga do transporte, non se estea a recoller o peixe nas lonxas.

A Coruña
Dársena de A Marina
La Cofradía de pescadores de A Coruña hace un paro de la flota artesanal en señalan de protesta contra el reglamento de control de la UE
26/03/2021
Foto: M. Dylan / Europa Press
photo_camera Protesta da confraría da Coruña de hai un ano (Foto: M. Dylan / Europa Press)

A flota pesqueira, que permanecerá amarrada a porto até a vindeira cuarta feira pola situación derivada das suba de prezos, urxiu o Goberno español a tomar medidas xa.

O presidente das confraría estatais e patrón maior de Burela, Basilio Otero, recordou que nesa cuarta feira está prevista unha reunión co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para buscar solucións.

"Esperemos que saia un bo resultado da reunión e do propio Goberno; se non amañamos non vai haber peixe nin vai haber outra cousa", sinalou.

Así mesmo, sostivo que as medidas xa van "tarde" e emprazou o Executivo estatal a tomar decisións para solucionar a situación de alza dos prezos.

Tirar o peixe

Ademais, o patrón maior de Burela apuntou que outro "factor importante" para o amarre é o feito de que, debido á folga do transporte, non se estea a recoller o peixe nas lonxas. "É unha parvada tirar o peixe coa fame que hai no mundo", subliñou.

En concreto, as confrarías estatais explicaron na sexta feira que, ante a suba do combustíbel, alcanzouse un acordo no Comité Executivo e na Comisión Permanente da federación estatal de confrarías para que, "de forma urxente e extraordinaria", se acorde solicitar o amarre de toda a flota até a reunión con Planas.

Aducen a "gravísima situación que atravesa o sector pesqueiro". O paro afecta a unhas 200 confrarías e 40.000 afiliados, case 9.000 deles son propietarios de embarcacións.

Comentarios