O ex-presidente de Pescanova deberá depositar 178,8 millóns de euros en concepto de fianza. Así o ditaminou esta segunda feira o xuíz da Audiencia Nacional, Pablo Ruz. A decisión foi adoptada no decorrer da investigación xudicial arredor da xestión económica desenvolvida pola dirección de Pescanova na que puideron ter empregado información privilexiada para favorecer os seus intereses.
Fianzas de 1.200 millóns de euros para o ex-presidente de Pescanova e outros 9 directivos
O xuíz da Audiencia Nacional, Pablo Ruz, fixou esta segunda feira fianzas que suman 1.200 millóns de euros para o ex-presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa e 9 directivos máis da entidade perante posíbeis responsabilidades civís derivadas da súa xestión económica