Feijóo manobra para evitar que o Frob destitúa a Castellanos de Novagalicia Banco

O Estado, propietario do banco, xa destituiu ao cumio de CatalunyaCaixa, outra entidade nacionalizada, e agora quere cambiar á de Novagalicia banco. Ao presidente autonómico non lle chista a idea, de aí que esté a intentar que Castellanos se manteña á fronte da entidade.

Novagalicia Banco

O Frob puxo os cartos. E por iso pon á xente que quere á fronte das nacionalizadas Catalunya Caixa e Novagalicia banco (NGB). No primeiro caso, xa consumou a manobra, destituíndo ao cumio da entidade catalán.

As rendas, agora, estarán nas mans de Carlos Pla , home da máxima confianza do presidente dofondo público, Fernando Restoy. O goberno catalán foi, nesta cuestión, un actor pasivo, sen marxe de manobra algunha.

E semella que en NGB acontecerá o mesmo,segundo prensa especializada como Economía Digital, que indican que desde o Frob apóstase por sacar a Castellanos da fronte da entidade financeira. Algo do que non gosta Núñez Feijóo, que estaría a manobrar para que este seguirsena máxima responsabilidade.

En contra de Castellanos xogaría que  a entidade pechase 2012 dunhas perdas de perto de oito mil millóns de euros, segundo a propia entidade financeira recoñece nun comunicado remitido esta terza feira á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Comentarios