Os Escotet proban sorte na hostalaría cun local na Coruña

Entrada a Buenasuegra pola avenida da Mariña (Xoán Roberes)
photo_camera Entrada a Buenasuegra pola avenida da Mariña (Xoán Roberes)

No número 71 da coruñesa rúa Real, non moi lonxe da rúa Nova, onde ten a súa sede Abanca, dous familiares do presidente da entidade bancaria galega ultiman a apertura dun local de hostalaría.

Buenasuegra é o nome escollido por Alejandro César Míguez Escotet e Michelle Clemente Escotet, dous sobriños do empresario venezolano Juan Carlos Escotet, para un novo local de copas e alimentación, que xestionarán a través da sociedade 581 MAM ST, S.L.

No local, de dúas plantas, situado no baixo ocupado durante moitos anos pola firma de moda Springfield, víase onte moita actividade, o que fai prever a súa inminente apertura. De momento, os accesos seguen valados, pero o nome do local xa se pode ver con claridade nunha das súas fachadas.

Comentarios