5 grupos controlan 55% da produción

As empresas estranxeiras mandan na eólica galega

Parque eólico no Monte Seixo na Serra do Cando. (Foto: Carlos Solla)
O desembarco na Galiza da empresa pública norueguesa Statkraft para instalar tres parques eólicos cunha potencia total de 450 megavatios volve pór o foco no dominio do mercado galego de xeración eléctrica polas multinacionais estranxeiras. Segundo os datos fornecidos polo Instituto Enerxético da Galiza (Inega), organismo público dependente da Xunta, a comezos de 2020 cinco empresas, todas elas de capital estranxeiro, sumaban 2.070 megavatios e 82 parques, o que representaba arredor de 55% da produción total do país.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.