O Goberno español exixiu ás eléctricas todos os datos do apagamento

O Executivo español pediu ás eléctricas toda a documentación referida ao corte masivo de sumbinistación eléctrica. Deulles de prazo para entregala até a tarde deste 30 de abril. 
Pedro Sánchez presidiu este 30 de abril unha reunión do Consello de Seguridade Nacional polo apagón. (Foto: SEC)
Pedro Sánchez presidiu este 30 de abril unha reunión do Consello de Seguridade Nacional polo apagón. (Foto: SEC)

A presidenta de Rede Eléctrica, Beatriz Corredor, confirmou esta cuarta feira que o Goberno do Estado deulle tanto a este organismo como aos demais centros de control e operadores privados até a tarde deste 30 de abril para que lle remitan todos os datos do incidente que desembocou nun apagamento eléctrico sen precedentes en toda a Península Ibérica.

Segundo explicou Corredor nunha entrevista con RTVE esta mesma cuarta feira o Goberno xa tería dispoñíbel toda a información para despois analizala. Nesta mesma entrevista, a directiva reiterou que as renovábeis non son a causa do problema, para logo engadir que as responsábeis da subministración eléctrica son os operadores privados, xa que son "os que determinan a cada momento o mix enerxético".

Por outra parte, ante as acusacións a Rede Eléctrica de escurantismo e estar a levar a cabo unha investigación lenta, Corredor asegurou que a caixa negra de Redeia é "infalíbel".

O risco cero non existe

Beatriz Corredor recoñeceu que o "risco cero" de que outro apagamento ocorra "é imposíbel de descartar", fronte ao que enxalzou que o sistema español é o "mellor sistema do mundo e conta co mellor equipo do mundo que estivo á altura".

A directiva explicou que unha das materias pendentes do sistema eléctrico español é reforzar as interconexións co resto do continente, "algo que xa se está facendo e estará en vigor en 2028". Por último, Corredor incidiu en que todo o equipo de Redeia "estivo á altura antes, durante e despois" do apagamento, polo que non vai dimitir.

[EN AMPLIACIÓN]

Comentarios