A Deputación da Coruña organiza un foro 'online' para debater o futuro do turismo

A Deputación da Coruña organiza un foro para analizar as oportunidades após a crise do coronavirus.
Posto de promoción de Turismo da Deputación da Coruña nunha feira (Deputación da Coruña).
photo_camera Posto de promoción de Turismo da Deputación da Coruña nunha feira (Deputación da Coruña).

A área de Turismo da Deputación da Coruña organiza entre os días 27 de abril e o 11 de maio un foro virtual que tratará aspectos como os entes da xestión turística, as políticas públicas dos concellos, o sector empresarial ou a comunicación e promoción de recursos turísticos.

"Estamos ante unha situación crítica que afecta de maneira especial ao sector turístico, tanto ao ámbito empresarial como ao de políticas públicas, e consideramos que este extraordinario momento merece sumar forzas para garantir o futuro dun sector que é estratéxico para a nosa economía", sinala o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. O Foro Turismo Covid 19 está aberto ao público, mais require inscrición previa. 

Comentarios