CUT propón que a folga xeral do 14N sexa tamén de consumo

O sindicato chama a non consumir calquera ben ou servizo “prescindíbel” durante toda a xornada.
Carro de compra en supermercado (Imaxe: Polycart)
photo_camera (Imaxe: Polycart)

A Central Unitaria de Traballadores/as vén de se manifestar partidaria de que a folga xeral prevista para o vindeiro 14 de novembro, que tamén secunda, vaia alén do ámbito laboral. A CUT propón que ao paro da produción de mercadorías e servizos se engada tamén unha folga de consumo.

“É evidente que unha folga xeral require o compromiso activo de todo o conxunto da clase traballadora, alén da súa situación contractual, do sector de pertenza, do feito de estar en activo ou no desemprego, ou mesmo alén de desenvolver traballos produtivos remunerados ou non remunerados (como exemplo deste último, o traballo doméstico nos fogares, cuxo peso recae nas mulleres)” argumentan.

O sindicato propugna a necesidade dunha “folga xeral social”, na que ademais da paralización produtiva e das mobilizacións se engada unha folga de consumo, dada a dobre condición de “traballador@s e consumidor@s”. Neste senso chaman a “non consumir calquera ben ou servizo prescindíbel” --facendo referencia mesmo á electricidade, auga ou telefonía-- durante toda a xornada do 14 de novembro co obxecto de “paralizar a distribución de mercadorías”.

Comentarios