Caderno 'Producir'

Crise climática (I). Non debemos seguir crecendo

As accións humanas aínda teñen o potencial de determinar o curso futuro do clima (Foto: Nós Diario)
O 31 de outubro comezarán en Glasgow as sesións da 26ª Conferencia da ONU sobre mudanza climática. As deliberacións desenvolveranse sobre o pano de fondo do sexto relatorio do Panel Intergobernamental sobre Mudanzas Climáticas (siglas inglesas, IPCC). Elaborado por 234 expertas de 66 países despois de consultar máis de 14 mil artigos e investigacións, asinado por 195 Estados, condensa a evidencia científica máis robusta. O relatorio confirma que a temperatura media global aumentou, como consecuencia da emisión de gases de efecto invernadoiro, máis de 1 grao sobre a previa á revolución industrial, que o incremento é superior nos continentes que nos océanos, e que máis que se duplica no Ártico.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.