Caderno 'Producir'

Crise climática (I). Non debemos seguir crecendo

O 31 de outubro comezarán en Glasgow as sesións da 26ª Conferencia da ONU sobre mudanza climática. As deliberacións desenvolveranse sobre o pano de fondo do sexto relatorio do Panel Intergobernamental sobre Mudanzas Climáticas (siglas inglesas, IPCC). Elaborado por 234 expertas de 66 países despois de consultar máis de 14 mil artigos e investigacións, asinado por 195 Estados, condensa a evidencia científica máis robusta. O relatorio confirma que a temperatura media global aumentou, como consecuencia da emisión de gases de efecto invernadoiro, máis de 1 grao sobre a previa á revolución industrial, que o incremento é superior nos continentes que nos océanos, e que máis que se duplica no Ártico.
capa producir
photo_camera As accións humanas aínda teñen o potencial de determinar o curso futuro do clima (Foto: Nós Diario)
O aumento de enerxía na atmosfera acelerará o ciclo da auga producindo fenómenos meteorolóxicos extremos cada vez máis frecuentes, “fenómenos extremos relacionados co nivel do mar que antes…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios