Vivenda

Crece na Galiza o prezo do aluguer de estudio respecto a un cuarto en piso compartido

A nivel estatal, o aluguer dos estudios é 84% maior que as habitacións en piso compartido. O prezo medio dos estudos en alugueiro encareceuse 12% no último ano mentres as habitacións subiron 9%.
Bloque de vivendas en Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)
photo_camera Bloque de vivendas en Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)

O prezo do aluguer de estudio respecto ás habitacións en piso compartido crece na Galiza en novembro, cun sobrecuste que está ao redor de 100%, como o caso da cidade de Ourense.

Así o recolle un informe do portal inmobiliario idealista, que sinala que na Coruña o prezo do estudo ao mes é de 550 euros fronte aos 260 da habitación, cunha variación anual do 12 e 8%, respectivamente.

En Lugo é 460 o prezo en estudo fronte aos 215 da habitación, cunha variación anual de 11 e 8%; mentres que en Ourense están en 470 e 240 euros, respectivamente, cun incremento maior anual no caso das habitacións, 20% fronte a 9% do estudo.

En Pontevedra o prezo mensual situouse en 600 euros no caso de estudios fronte aos 275 euros de habitacións e unha variación anual de 25% e 8%, en cada caso.

Datos estatais

A nivel estatal, o aluguer dos estudios é 84% maior que as habitacións en piso compartido. O prezo medio dos estudos en alugueiro encareceuse 12% no último ano mentres as habitacións subiron 9%.

Comentarios