A couza da pataca afecta xa 31 concellos e ameza con seguir a estenderse

Preocupación en goberno e produtores.

pataca

É inocua para os humanos mais acaba cos cultivos de pataca. A couza guatemalteca foi detectada no noso país vai para dous anos e xa afecta 31 concellos, situados nas comarcas da Mariña e Ferrolterra e contorna. Medio Rural apelou á responsabilidade dos agricultores para que non planten patacas nas áreas demarcadas, co fin de deter a expansión deste insecto (tecla solanivora).

O Ministerio prepara un decreto cuxo borrador establece que durante dous anos non se vai poder plantar pataca nas zonas afectadas durante dous anos. Unha ‘cuarentena’ para delimitar a área onde hai couza, evitar que se estenda e poder erradicala. O borrador do decreto ministerial contempla a posibilidade de compensar aos agricultores polos danos causados pola couza.

No goberno galego recoñecen que hai preocupación, pois se ben até o de agora o insecto afecta a zonas onde a produción é basicamente de autoconsumo, existe o risco de que, de non funcionar as medidas de contención, acabe afectando a áreas produtoras.

Até o de agora destruíronse perto de sete toneladas de tubérculo infestado por esta praga. Os produtores afectados que se acolleron a axudas da Xunta cobraron, segundo a administración galega, 30 céntimos por quilo. 

Comentarios