Cospedal cobra 7000 euros máis dos declarados a Facenda

O seu soldo como deputada, no Parlamento que agora preside, non fora recollido na declaración inicial.

Se 158.000 euros semellaban moito para un só ano, o certo é que non fica aí. A secretaria xeral do Partido Popular, María Dolores de Cospedal, ingresou asemade 7000 euros como deputada parlamentar na Comunidade que preside. En total, foron 165.000 euros. Aliás, esta última cantidade percibida como representante na Cámara fica exenta de impostos, motivo polo que a presidenta castelá esqueceu incorporala á súa declaración feita pública o pasado día 31 de decembro, onde se recollía o patrimonio declarado a Facenda. 

A secretaria xeral popular, que vén de mudar a lexislación da súa comunidade á fin de eliminar as retribucións fixas @s representantes políticos --a partir deste mes de xaneiro-- en aras da manida "austeridade" pregoada desde a súa formación, percibiu en 2011 máis de 27 millóns das antigas pesetas nun só ano. Contía pertencente, agora si, a catro nóminas diferentes: secretaria xeral do PP, deputada e presidenta no Parlamento de Castilla La Mancha e como ex-senadora.

Comentarios