As contribuíntes da Galiza son as que menos asignacións fan á Igrexa no IRPF

Monseñor García Cadiñanos xustificou que se destine 0,7% dos impostos á Igrexa porque "realiza actividades de tipo cultural, de tipo social, de tipo de valores e tamén ao ben común da nosa sociedade".
As contibuíntes galegas son as qu menos escollen a hrexa na declaración da renda (Foto: César Arxina / Europa Press).
photo_camera As contibuíntes galegas son as qu menos escollen a hrexa na declaración da renda (Foto: César Arxina / Europa Press).

Os contribuíntes da Galiza son "os que menos marcan o cadro destinado á Igrexa nas súas declaracións da renda", xa que en 2021 foron só "23,9% das presentadas, mentres que a media do Estado español está en 31,29%", remarcou na xornada de onte o bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos.

O representante da Igrexa tamén detallou que "hai moitas declaracións que quedan en branco e estímase que 36% das que se realizan na Galiza non poñen ningunha cruz, nin a favor da Igrexa nin a favor das entidades de fins sociais".

Monseñor García Cadiñanos xustificou que se destine 0,7% dos impostos á Igrexa porque "realiza actividades de tipo cultural, de tipo social, de tipo de valores e tamén ao ben común da nosa sociedade".

Devolución de Facenda

A Axencia Tributaria prevé ingresar na Campaña da Renda 2022 na Galiza un total de 794 millóns de euros, 5,2% máis que no exercicio anterior. Pola contra, espera unha diminución do importe para devolver até os 570 millóns, 3,2% menos.

Na campaña que arrincou na xornada de onte, Facenda calcula que se presentarán na Galiza 1.419.194 declaracións, 2,4% máis que en 2021, segundo recolle un documento do Executivo do Estado español.  

A desta ano será a primeira Campaña da Renda na que se aplicará a bonificación de 25% ao imposto de Patrimonio aprobado pola Xunta da Galiza en 2022, o que suporá a caída dos ingresos estimada en 17 millóns de euros. Facenda calcula recadar 62 millóns de euros este ano, polos 79 do exercicio anterior, 21,8% menos a pesar de que aumentarán 3,7% o total das declaracións até 8.865 (8.547 en 2021). 

Comentarios