A construtora Copasa faise con dúas licitacións en Texas

Copasa, a firma ourensá de infraestruturas que preside José Luis Suárez, logra os seus dous primeiros contratos de obra pública nos Estados Unidos de América
Autoestrada de Copasa en América. (Copasa)
photo_camera Autoestrada de Copasa en América. (Copasa)

da por José Luis Suárez, vén de lograr os seus primeiros contratos de obra pública nos Estados Unidos de América (EUA), un fito que lle abre as portas para seguir licitando nun mercado até o de agora reservado a outras firmas do sector como Ferrovial, ACS, Sacyr, OHL ou Acciona.

As obras adxudicadas a Copasa consisten na construción dun viaduto na autoestrada interestatal IH-10, sobre a autoestrada local FM 3180, a uns 52 quilómetros en Houston (Texas). O prazo de execución dos traballos é de 32 meses, para os que a empresa galega dispón dun orzamento de 31 millóns de euros. A segunda adxudicación contempla a ampliación e mellora da autoestrada local FM 2354, tamén no estado de Texas, nun treito de 5,2 quilómetros de lonxitude. Neste caso os traballos inclúen a ampliación da plataforma, a mellora das drenaxes da vía e a renovación do firme. Para esta actuación, a firma galega disporá de 6 millóns de euros e un prazo de execución de 16 meses.

Obxectivo: Florida

A consecución destes contratos ábrelle a Copasa as portas dos EUA, un país que representa unha grande oportunidade para o sector pola necesidade de investimentos en infraestruturas. Neste senso, a maior dificultade que atopan para entrar é financeira, xa que as empresas contratistas deben garantir 100% do proxecto. Os plans da construtora galega pasan agora por acadar algún contrato en Florida. 

No resto do continente, onde Copasa conta con clientes en países como México, Chile, Colombia, Bolivia ou Perú, a compañía está á espera da adxudicación definitiva do corredor uruguaio Ruta 14 Centro -Oeste. Trátase dun contrato de case 600 millóns de euros dos que 120 corresponden á reconstrución desta vía, de 300 quilómetros de lonxitude, e 463 ao contrato de concesión da infraestrutura por un período de 20 anos.

Comentarios