O Congreso de CCOO en Galiza ratificará Ramón Sarmiento como novo secretario xeral

O cónclave de Comisións decorre esta quinta e sexta feira coa participación de 250 delegados.

Ramón Sarmiento CCOO
photo_camera Ramón Sarmiento Imaxe: CCOO

Ramón Sarmiento, secretario da Federación do Metal de CCOO, será o novo secretario xeral de Comisións Obreiras en Galiza ao ser o único candidato a este cargo após integrar Maica Bouza nunha lista “de consenso”. Foi a única en reunir os avais precisos para se  presentar ao Congreso nacional que vai ter lugar esta quinta e sexta feira en Compostela e na que tomarán parte 250 delegados.

Sarmiento substitúe Sánchez Aguión, que estivo 8 anos á fronte da secretaría xeral e que renunciou á posibilidade dun terceiro mandato. A nova executiva estará formada por oito persoas, tres delas do actual organismo: Maica Bouza, Mabel Pérez e Xesús Castro.

Sánchez Aguión salientou a importancia deste Congreso para a clase traballadora galega, xa que CCOO conta con máis de 45.000 persoas afiliadas e reúne o 28 % do total de delegadas e delegados sindicais elixidos en Galiza.

Comentarios