Chaman aos xornais a secundar a folga do 14N tras unha crise que destruiu 11.000 empregos no sector

Os traballadores dos xornais impresos tamén están chamados a secundar a folga do 14 de novembro.

Nos últimos catro anos no estado español pecharon perto de 60 medios e uns 11.000 profesionais do sector están no paro. Un escenario que desde sindicatos e colexios profesionais enténdese como preocupante, de aí que haxa chamamentos a secundar a folga do 14 de novembro.

@s convocantes do paro do 14 de novembro chaman aos traballadores do sector a secundaren a folga, incidindo en que non son un sector aparte do que acontece no escenario laboral.

Esta chamada para os e as xornalistas concrétase en tres puntos: Non á destrucción de empregos no sector, non aos recortes salariais e non aos recortes na negociación colectiva.

Desde os sindicatos incídese en que as reformas laborais teñen facilitado "o despido masivo de traballadores nos medios de comunicación, a degradación insostíbel das emunracións", para alén da externaliación dos traballoas, entre outras consecuencias.

Tamén se lembran a importancia do xornalismo como garante do control do poder, apuntando que nun contexto de degradación das condicións dos profesionais isto reverte en prexuizos para esa tarefa.

Comentarios