Centos de aforrador@s rodean a sede de Novagalicia Banco en Vigo para exixir que lles volvan os cartos das preferentes

Afectad@s de practicamente toda Pontevedra xuntáronse para a cadea humana. As caras desta estafa, no video que aparece no interior

Centos de aforrador@s de practicamente toda Pontevedra xuntáronse para protagonizaren unha cadea humana ao redor da sede central de Novagalicia Banco en Vigo e exixiren que lles sexan devoltos os cartos que invertiron nas participacións emitidas por esta entidade na coñecida como 'estafa das preferentes'.

De Marín ao Salnés e do Morrazo ao Val Miñor pasando por Vigo-Redondela, persoas de todas as bisbarras pontevedresas sumáronse á concentración con berros de 'Mans arriba, isto é un atraco' ou 'Aquí está a cova do Alí Babá'. Empapelaron a fachada do edificio con cartaces e portaron faixas nas que, imitando @s foraxid@s dos filmes do oeste, aparecían as caras dos ex directivos da entidade bancaria baixo unha palabra: 'Búscase'.
 


A Plataforma de asociacións de aforrador@s ten marcada no calendario unha concentración o 20 de xuño diante da Subdelegación do Goberno na cidade do Lérez, e dous días despois unha marcha partirá da praza de España, en Vigo, até a sede local do PP.

Comentarios