Bayer merca Monsanto por 59 mil millóns de euros, o maior negocio do ano

A empresa alemá afirma que este paso permitirá combinar produtos das dúas compañías

monsanto

A maior adquisición do ano. Así califica o Financial Times a compra por Bayer de Monsanto nunha operación por valor de 58,7 mil millóns de euros. Todo un récord. A multinacional alemá das áreas farmecéuticas e química faise así coa agro-química estado-unidense creando un xigante no eido do desenvolvemento de sementes, pesticidas e químicos para a agricultura.

Bayer aceptou pagar 128 euros por acción, valorando así Monsanto en 66 mil millóns de dólares (case 59 mil millóns de euros). Supón 8 dólares máis por acción que o que a multinacional xermana ofreceu na súa primeira oferta.

Monsanto está no albo de críticas e denuncias por ambientalistas e grupos de defensa do consumidor polas súas sementes xeneticamente modificadas. Bayer, a través dun comunicado, explica que a suma de ambas as dúas empresas vai permitir combinar os produtos de cada unha das empresas. Os alemáns consideran que a “agricultura está no centro dun dos maiotres desafñios do noso tempo: como alimentar, de forma ambientalmente sustentábel, tres mil millóns de persoas a maiores en 2050”.

O negócio, porén, aínda terá de passar pola peneira dos reguladores de varios países. O contrato inclue unha compensación de dous mil millóns de euros a pagaer por Monsanto à Bayer en caso de non chegar o acordo a bo porto por mor das obxeccións das autoridades.

Comentarios