Bankia e Caixabank negocian unha posíbel fusión para superar a crise da Covid-19

As entidades financieiras anunciaron o estado do proceso á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Con este interese mutuo, os bancos andan a procurar fórmulas para aumentar a súa rendibilidade dada a recesión actual.

Bankia
photo_camera El presidente y el consejero delegado de Bankia, José Ignacio Goirigolzarri y José Sevilla (Foto: Europa Press)

As entidades Caixabank e Bankia están a estudar a opción de fusionarse para mellorar as súas contas debido á afección que supón a crise sanitaria. Fontes do sector foron as que confirmaron este achegamento entre representantes dos dous bancos a Europa Press.

Quer Bankia, quer Caixabank rexeitaron facer declaracións públicas ao respecto deste intento de pacto. Mais nos ámbitos económicos as entidades financieiras teñen comunicado á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) este posibilidade.

Nun pequeno comunicado, Bankia declarou que "no marco do estudo habitual de posíbeis operacións estratéxicas" si están a existir os contactos. Iso si, "co coñecemento e autorización do Consello de Administración". A meta, din na nota colgada na web da CNMV, é "analizar unha eventual oportunidade de fusión entre ambas entidades".

Pola súa banda, Caixabank falou nos mesmos términos. Neste momento se "atopa en negociacións con Bankia S.A. para analizar unha fusión, sen que polo momento se alcanzara ningún acordo ao respecto". Non hai nada "máis alá da firma dun acordo de confidencialidade para intercambiarse información para valorar a operación, no seno dunha 'due diligence'". Ambas partes contan con asesores expertos.

De confirmarse e executarse esa unión de dous dos bancos máis representantivos do panorama estatal, estaría a darse unha resposta positiva á petición do Banco Central Europeo (BCE) para que se consolide o sector en España.

Así o pedía esta semana, novamente, o presidente do BCE, o ex ministro Luis de Guindos, durante o seu paso polos cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).

Na súa intervención o mandatario destacou a baixa rendibilidade das entidades españolas, amosando a súa preocupación pola falta de avances neste sentido.

Coas novas especulacións, parece que dous bancos van atender as peticións de De Guindos.

Comentarios