Sermos250

Banco de terras: unha revolución freada polo PP

Mentres o rural agoniza, a ferramenta máis innovadora da que dispón o país para frear o abandono de terras, o Bantegal, está parada, apenas incorporou fincas desde que o PP regresou ao goberno (unhas dúas mil) e hai pouca demanda para alugar.

Lourdes Varela e Xosé Manuel Calvo [Foto E. Dobaño]1
photo_camera [Foto E. Dobaño] Lourdes Varela e Xosé Manuel Calvo, gandeiros e ex membros da comisión de prezos do Bantegal

En novembro de 2008, Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural, traxe marrón e garabata granate, ofreceu unha rolda de prensa para levar o banco de terras (daquela xa Bantegal) a todos os titulares de prensa, radio e televisión. Canal e os seus colaboradores pretendían provocar un cambio estrutural no aproveitamento de terras, unha revolución que se ampliaba a outras políticas do departamento e tiña o rural axitado (aquela rolda rematou cun tumulto con produtores lácteos descontentos coa Consellaría). En Medio Rural, mentres apagaban lumes e discutían a renovación con todo o sector, levaban tres anos traballando cun obxectivo estratéxico. “O obxectivo era a conservación da superficie agraria útil”, explica hoxe Xosé Carballido, a man dereita do conselleiro naquela lea. “Ningún país desenvolvido deixa a produción de alimentos en mans de terceiros”, subliña Carballido, “todos manteñen o 50% do territorio como superficie agraria útil, a SAU; pero aquí andamos polo 25% e baixando”.

6A Carballido, director xeral de Estruturas Agrarias, tocoulle desenvolver a lei. Empezaran en outubro do 2005 e estivo lista en maio do 2007. Creouse unha sociedade anónima pública. “Houbo que explicalo no partido e no goberno, pero nós sabíamos que a ferramenta tiña que ser áxil e os procedementos administrativos non o son”. O Bantegal comezou a operar en novembro daquel ano. Doce meses despois, tiña inscritas máis de 7 mil fincas e tramitaba o arrendamento de 800. Superaba as previsións “con moita amplitude”, felicitábase Suárez Canal. Pero o conselleiro non convocara a rolda de prensa para se colgar medallas.

[Podes ler a información íntegra no número 250 de Sermos Galiza, á venda na nosa loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios