As auxiliares aceptan o plan de refinanciamento para o estaleiro Barreras

A decisión das auxiliares de adherirse ao plano de rescate de Barreras está condicionada a seguir negociando as fórmulas de pago do crédito con Ritz-Carlton.
Representantes das industrias auxiliares acredoras do estaleiro Hijos de J Barreras
photo_camera Representantes das industrias auxiliares acredoras do estaleiro Hijos de J Barreras

credoras do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras, agrupadas na sociedade Uninaval, acordaron esta sexta feira adherirse ao plano de refinanciamento presentado pola empresa e pactado coas entidades financeiras, "por responsabilidade" e "porque para nada interesa o concurso". Con todo, mantiveron que a súa aspiración é cobrar a totalidade do que se lles debe, unha cantidade que supera os 20 millóns de euros.

Así o trasladaron o portavoz de Uninaval, Alberto Rocha, e o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, nun encontro cos medios após da "difícil" reunión coas representantes das empresas auxiliares. Os representantes de Unival precisaron que, a pesar da adhesión, queda "aberta" a posibilidade de que calquera acredor que o considere poida emprender accións xudiciais contra o estaleiro, polo que esta vitoria non é completa para Ritz-Carlton, a encargada de xestionar o estaleiro. 

Segundo apuntaron, a decisión de adherirse ao plano de rescate de Barreras está condicionada a seguir negociando as fórmulas de pago do crédito, aínda que xa hai un "compromiso" de que a débeda contraída na construción do barco de Ritz-Carlton comezará a pagarse cando se homologue o acordo e se retome o traballo. Nese momento aboarase 50%, e o resto á entrega do buque.

A partir de que se valide xudicialmente ese plano de refinanciamento, a previsión é volver ao traballo "nunha ou dúas semanas", e seguirase negociando o pago do resto da débeda. En calquera caso, desde Asime advertiron de que o plan de viabilidade de Barreras non poderá executarse se non hai carga de traballo máis aló do barco de Cruise Yatch 1 Lted (naviera de Ritz Carlton).

Comentarios