Autónom@s organízanse para secundar a Folga Xeral do 14N

Varias plataformas de traballadoras e traballadores autónomos están a mobilizarse para apoiar e participar na xornada de paro do 14 de novembro
Folga xeral 14N

Traballadores autónomos e pequenos empresarios tamén esecundarán a Folga Xeral do 14 de Novembro. Ao longo do estado, e desde diferentes colectivos deste sector estanse a organizar e mobilizar de cara á xornada de paro. Se ben a maioritaria Federación nacional de trabajadores autónomos (ATA) xa se pronunciou contra a Folga, non todo este sector está de acordo con ese posicionamento. 

Así, en Catalunya, colectivos como a Confederación de Traballadores de Autónomos ou a Mesa de Autónomos de Catalunya xa anunciaron que secundarían a Folga Xeral. Alén disto, no Estado vén de constituirse unha plataforma para animar aos traballadores autónomos a parar ese día 14.

Desde os sindicatos convocantes da mobilización tense insistido en que estes traballadores tamén sofren as consecuencias da crise e das políticas adoptadas polo goberno español, de aí que tamén terían que amosar o 14N o seu desacordo con este escenario.

Comentarios