A Audiencia Nacional abre unha investigación contra a cúpula da antiga Caixa Galicia

O procedemento ábrese a petición do FROB e investiga operacións dubidosas de crédito que lle causaron un quebranto económico no pasado á antiga caixa. Entre os investigados está José Luis Méndez, director xeral da entidade durante 30 anos.

mendez (3)

A Audiencia Nacional abre una investigación contra a antiga Caixa Galicia. O procedemento, que se abre a peticion do FROB, investiga operacións dubidosas de crédito que lle causaron un quebranto económico no pasado á antiga caixa, segundo publica esta cuarta feira o xornal 'La Voz de Galicia'.  

A investigación comezou en 2016, segundo fontes cercanas á Audiencia Nacional comentan a La Voz. Entre as persoas imputadas (“directores de ofincia e responsábeis de crédito e asesoría xurídica”) está José Luis Méndez, director xeral de Caixa Galicia durante tres décadas.

Segundo La Voz, o procedemento polo que están a ser investigados estes directivos está vinculado cunha operaión cunha constructora de Roquetas de Mar (Almería). CG concedeulle un crédito para o desenvolvemento dunha promoción inmobiliaria, un empréstito por 15 millóns de euros. Un financiamento que foi avalada por unas fincas cun valor no mercado que se calculaba en 30 millóns de euros cando o valor real era apenas duns miles. 

Comentarios