Alcoa anuncia máis medidas de axuste malia volver ter beneficios

O beneficio no primeiro trimestre superou os 73 millóns de euros.

Alcoa
photo_camera Alcoa

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou un beneficio neto atribuíbel de 80 millóns de dólares (74 millóns de euros) no primeiro trimestre de 2020, o seu primeiro resultado trimestral positivo nun ano. Este comportamento contrasta coas perdas de 199 millóns de dólares (184 millóns de euros) no mesmo período de 2019, grazas ao impacto positivo de atípicos, incluída a venda de activos, informou a multinacional, que anunciou que emprenderá diversas medidas de axuste para facer fronte á crise do coronavirus.

As contas de Alcoa entre xaneiro e marzo de 2020 incorporan un efecto positivo de 122 millóns de dólares (113 millóns de euros) para artigos extraordinarios, incluída a venda do plan de tratamento de residuos de Gum Springs (Arkansas).

"Se ben rexistramos un primeiro trimestre sólido, cun forte balance de liquidez, o mundo cambiou fundamentalmente pola pandemia de Covid-19 e estamos tomando medidas decisivas para facer fronte a esta crise", dixo o presidente e conselleiro delegado de Alcoa Roy Harvey.

Neste sentido, a empresa, propietaria da planta de San Cibrao (Lugo), anunciou o peche da súa fundición Intalco, en Washington, que emprega 700 traballadores e rexistrou perdas de 24 millóns de dólares (22 millóns de euros). no primeiro trimestre.

Comentarios