Afectados e afectadas polas participacións preferentes pechan varias sucursais de NovaGalicia Banco

Ducias de persoas participaron nas protestas desenvolvidas en cidades e vilas de Pontevedra

Os afectados polas participacións preferentes non están dispostos a depoñer a súa loita contra o que consideran, e así o califican, coma unha “estafa”. Tras semanas de mobilizacións de todo tipo, desde facer acto de presenza no Parlamento a concentracións ante concellos, os afectados decidiron realizar unha protesta coordinada que desembocou no peche de varias sucursais de NovaGalicia Banco na provincia de Pontevedra. De Vigo a Ponteareas, pasando pola Illa de Arousa, Marín ou Salvaterra, os afectados concentráronse diante das sucursais para intentar pechalas, o que lograron con case trinta entidades, que non pudieron atender ao público.

 As plataformas cifran en case 100.000 persoas na Galiza as afectadas polas participacións preferentes e outros produtos “tóxicos” de aforro.

Comentarios