A Xunta anuncia que estaleiros galegos participarán na construción de 14 remolcadores

Feijóo anunciou o acordo acadado coa petroleira mexicana Pemex para a realización de 7 destes buques na Galiza e os outros 7 en colaboración co sector naval mexicano

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, vén de anunciar que se acadou un acordo coa petroleira mexicana Pemex para estaleiros galegos participaren na construción de 14 remolcadores para a frota desta multinacional. En virtude deste acordo, os estalerios galegos construirán 7 destes buques, alén de colaborar na construción doutros sete co sector naval mexicano.

 Para Feijóo, este acordo ten unha gran importancia, ademáis de sinalar que Pemex está a valorar a posibilidade de empregar o porto exterior da Coruña como base loxística internacional

Comentarios