A supresión da extra de decembro a funcionari@s podería ser inconstitucional

Así o entende a Audiencia Nacional española, ao considerar tal gratificación como máis unha parte do salario diferido que se lles devén diariamente para recibilo con posterioridade


A supresión da paga extra do mes de decembro de 2012 decretada polo Goberno español podería ser inconstitucional. Vén de determinalo nunha providencia a sala do social da Audiencia Nacional española en resposta á denuncia interposta por varias centrais sindicais. "Podería terse vulnerado" o dereito constitucional, sinala o texto xudicial, pois aquel garante a imposibilidade de aplicar con carácter retroactivo medidas que restrinxen dereitos individuais.

Na mesma intrepretación realizada polo Tribunal supremo, entende a Audiencia que as gratificacións extraordinarias fan parte do salario diferido, que se lles devén diariamente para recibilo con posterioridade @s traballador@s. "Por unanimidade", a sala preguntará á fiscalía se procede presentar unha cuestión de constitucionalidade. O Ministerio público deberá respostar nun prazo de dez días.

Comentarios