A portaxe da AP9 rexistrará unha nova suba, a cuarta en doce meses

En xaneiro Fomento aplicará unha nova suba nas tarifas da AP-9, co que serán 4 os incrementos das portaxes nos últimos 12 meses. A principal vía de comunicación do país podería subir en xaneiro un mínimo do 3,1%
AP-9
photo_camera AP-9

En xaneiro, viaxar de Ferrol a Tui pola principal vía de comunicación da Galiza suporá un desembolso duns 20 euros. Unha cantidade nada despreciábel, e menos en tempos de crise. O ministerio de Fomento está a calcular unha nova suba da portaxe da AP-9 para inicios de 2013, incremento que se calcula en base ao incremento do IPC entre novembro de 2011 e outubro de 2012. Será a cuarta suba nos últimos 12 meses.

No que vai de ano as subas da autoestrada do Atlántico xa foi cinco veces superior ao IPC. Algo que xerou un gran malestar e indignación entre @s usuari@s, fartos do que consideran un abuso.

Perda de tráfico

O tráfico na AP-9 caeu nos primeiros meses do ano un 5,5 por cento, un descenso que hai que engadir aos que se rexistraron de xeito consecutivo desde 2007. O fastío d@s usuari@s da AP9 amosouse o 30 de outubro, na chamada para que @s conductor@s que empreguen esta autoestrada manifestasen o seu desacordo cos seus prezos. Tratábase de empregar outras vías de comunicación, como mostra clara de desacordo coa imposición por Audasa de prezos que entenden como "abusivos".

A plataforma 'Todos contra a suba das peaxes' botou man dos datos da Dirección xeral de tráfico para calcular o seguimento da mobilización que convidaba a 'desertar' do vial de pagamento para rexeitar a suba das taxas por parte da concesionaria, Audasa. Esa queda na circulación foi dun 27%.

Comentarios