A mobilización d@s gandeir@s obriga a Xunta a reactivar as axudas a razas autóctonas en réxime extensivo

Fruga afirma que de non ser pola presión feita polo sector de vacún de carne, "agora contaríase cun recorte máis nunha actividade onde os custos de produción seguen disparados e os prezos da carne seguen estancados desde fai décadas"

Cachena

A comezos de ano, titulares de granxas galegas e do sindicato Fruga (Federación Rural Galega) fixeron entrega en Lugo de recursos de reposición exixindo que se pagen as subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras en réximes extensivos do ano 2012. Unha mobilización que xa tivo resposta, afirman desde este sindicato, pos a Consellería de Medio Rural rectificou e reactivou esa liña de axudas. 

Fruga desenvolveu ao longo destes meses unha campaña informativa no rural galego sobre as consecuencias destas medidas da Xunta

Fruga afirmara entón que "unha vez que a Xunta de Galiza volveu a mans do Partido Popular, vense reducindo considerablemente o importe que recibían as granxas, iso si, sen que por iso viran modificadas os compromisos que tiñan que cumprir. Sirva como exemplo a campaña do 2011, a cuarta dos cinco anos que duraría o programa, onde as axudas sufriron unha redución de media dun 45% sobre os importes marcados inicialmente".

E a iso engadían que, nunha nova volta de porta, e a após ter publicado a Xunta o pasado outubro a renovación destas axudas para a campaña 2012, mudou de opinión "e publicou unha nova orde na que deixaba sen efecto as solicitudes de renovación que se fixeron en outubro. O motivo que argumenta para dar marcha atrás é que o Ministerio de Agricultura non fixo o ingreso oportuno".

Nesta liña, alertaba de que coa eliminación desta axuda "ponse en risco a supervivencia das razas autóctonas galegas en perigo de extinción de vacún". 

Fruga desenvolveu ao longo destes meses unha campaña informativa no rural galego sobre as consecuencias destas medidas da Xunta

Comentarios