Bruxelas decide hoxe se hai futuro (e dereitos) para a flota galega en Mauritania

A Comisión de Pesca da UE decide esta cuarta feira se ratifica ou rexeita o protocolo asinado e polo que foron expulsos das augas dese país 24 buques galegos

 

Protesta en Vigo
photo_camera Protesta en Vigo

Meses de mobilizacións, reunións, peches, xestións, xuntanzas, peticións... Horas e máis horas e máis horas de traballo arreo protagonizado por mariñeiros e armadores, e sindicato CIG, van ter nesta cuarta feira o seu premio...ou non.

Hoxe reúnese en Bruxelas a Comisión de Pesca da Unión Europea. Sobre a mesa, unha decisión crucial: se aceptan ou rexeitan o protocolo asinado a mediados do ano pasado con Mauritania. Un protocolo polo que se expulsou a 24 buques cefalopodeiros galegos das augas do país norteafricano.

O obxectivo é que se rexeite o protocolo vixente como condición previa para que Mauritania acepte negociar. Malia non poder asegurar que sexa este o decorrer dos acontecementos, o responsábel da Cig, Xabier Aboi si que agradeceu "que os nosos eurodeputados non nos fallen", e citou a Ana Miranda (BNG), Gabriel Mato (PPdG) e Antolín Sánchez Presedo (PSdG), a quen pediu que "convenzan" ao resto da Eurocámara da necesidade de defender "a nosa flota, as nosas empresas e os nosos postos de traballo"

O acordo entre a UE e Mauritania, ao entender que é contrario aos intereses non só da flota cefalopodeira, senón de toda a pesca europea, consideran desde CIG

Comentarios