A factura para salvar a banca española: Até 62.000 millóns de euros

Luis de Guindos, ministro español de Economía
Os consultores externos presentaron as súas auditorías sobre as necesidades da banca española para se sanear.

As auditorías de Berger e Wyman fixan até 62.000 millóns de euros a cantidade quer precisa a banca española e dan así a cantidade que o goberno empregará para, nos vindeiros días, solicitar formalmente o rescate á Comisión Europea. A maior parte desa enxurrada de millóns irán para Bankia, Novagalicia Banco, Catalunya Caixa e Banco de Valencia, as entidades nacionalizadas, ou en vías de selo, polo Estado español.

Fica por coñecer, porén, que cantidade correspondería a cada unha das entidades. Para iso haberá que agardar a outras auditorías, xa en marcha, e cuxos resultados poderían facerse públicos en xullo. 

Neste sentido, NGB está a ser auditada por KPMG, unha das coñecidas como 'Big Four' que operan no Estado español.