A Audiencia Nacional embarga o patrimonio dos ex-directivos das caixas

Así o ditaminou o xuíz da Audiencia Nacional que leva o caso da pre-xubilacións vencelladas aos ex-directivos das caixas.

 

Os bens embargados teñen por obxecto facer fronte á fianza de máis de 7.000 millóns de euros que lles fora imposta o pasado mes de novembro como responsábeis civís que se puideran derivar do proceso xudicial en curso.

Aliás do ex-presidente de NCG, Julio Fernández Gayoso e do ex-director xeral adxunto, Javier García Paredes, tamén serán embargados tres ex-directivos máis. Segundo o maxistrado da Audiencia Nacional, a contía corresponderíase co diñeiro percibido irregularmente baixo a forma de pre-xubilacións.

Actualmente, os ex-directivos das extintas caixas atópanse imputados por delitos de apropiación indebida ou administración desleal ao "dispoñeren de maneira fraudulenta" de bens propiedade da entidade financeira, amáis de procederen sen coñecemento do Banco Central español nin do propio consello de administración de Nova Caixa Galicia.