Un xuíz arquiva outra vez o caso que investiga o asasinato de ‘Jimmy’

Conclúe o xuíz que "non se aprecian indicios suficientes de criminalidade para procesar persoa algunha polos presuntos delitos de homicidio consumado respecto Romero Taboada".
Bandeira en homenaxe a Jimmy
photo_camera Bandeira en homenaxe a Jimmy

O Xulgado de Instrución número 20 de Madrid arquivou outra vez a investigación polo asasinato do seareiro do Deportivo da Coruña Francisco Javier Romero Taboada, Jimmy, a raíz dunha emboscada que tivo lugar o 30 de novembro de 2014 por parte de integrantes de Frenta Atlético e outras bancadas da ultradereita.

Nun auto, ao que tivo acceso Europa  Press, o instrutor acorda dar carpetazo á causa tras esgotar as dilixencias de investigación practicadas por mandamento da Audiencia Provincial de Madrid.

Sostén que no procedemento hai "meras sospeitas, hipóteses ou elucubracións absolutamente insuficientes, que sen a concorrencia doutros indicios, resultan absolutamente insuficientes aos fins pretendidos".

Conclúe o xuíz que "non se aprecian indicios suficientes de criminalidade para procesar persoa algunha polos presuntos delitos de homicidio consumado respecto Romero Taboada e de lesións respecto de Santiago Miguel A. M.".

O caso pechouse en xuño de 2018 ante a ausencia de autor coñecido mais meses despois a Audiencia de Madrid ordenou a súa reapertura a pedimento dun recurso interposto pola acusación particular contra o auto que  sobreseeu a causa ao non existir "indicios de criminalidade contra ningunha persoa".

A volta no caso produciuse ao considerar a Audiencia unha testemuña ignorada polo xuíz que apareceu durante as pescudas xudiciais nun oficio da Policía no que se indicaba que manifestou en sede policial quen era os autores e que coincidían cos nomes que apuntou unha testemuña protexida ao que non se deu credibilidade.

O pasado xuño tomouse declaración a esta testemuña protexida quen apuntou unha das persoas investigadas.

Con todo, o instrutor considera agora que non hai indicios suficientes para seguir coa investigación.O auto da Audiencia apuntaba que esta testemuña non quixo declarar ante a comisaría ao non ter.

Comentarios