O Victoria cae goleado con dignidade ante o Vilarreal

O campión da Europa League imponse por 0-8 en Riazor
Riazor foi escenario de excepción para o debut do Victoria na Copa. (Foto: Vilarreal CF).
photo_camera Riazor foi escenario de excepción para o debut do Victoria na Copa. (Foto: Vilarreal CF).

O soño quedou tan só niso, un soño, pero o modestísimo Victoria da Coruña, que milita na Preferente e que conta cun cadro de xogadores non profesional, deu a cara ante o campión da Europa League, o Vilarreal, a pesar de caer goleado por 0-8.

Dépor, Arenteiro e Bergan teñen opcións reais de pase 

A Copa é unha competición que historicamente deu moitas alegrías á parroquia branquiazul, e o feito de ser quen de superar as primeiras eliminatorias -mesmo deixando polo camiño rivais de superior categoría- podería ser un plus de moral para os xogadores deportivistas. 

Con todo, iso pasa por que os futbolistas menos habituais para Borja Jiménez -tal e como anunciou o técnico do Deportivo- sexan quen de gañar ás 20 horas desta cuarta feira un primeiro asalto en forma de UCAM Murcia, conxunto situado na media táboa do grupo 2 da Primeira RFEF.

Está dirixido desde hai apenas dúas semanas polo ex futbolista Salva Ballesta, coñecido máis polas súas posicións políticas de extrema dereita españolista que polo seu rendemento sobre o terreo de xogo e que puido ser segundo adestrador do Celta con Abel Resino en 2014 se non fose pola presión en contra da afección celeste.

A pesar da súa teórica superioridade rival, o preparador dos navarros, Carlos Pérez Salvachúa, manifestou a súa preocupación polo feito de que o partido se dispute sobre céspede artificial

O Arenteiro, pola súa banda, afronta o desafío copeiro ante a Sociedade Deportiva Logroñés (20.30 horas) logo de empatar (1-1) na casa contra o Ximnástica Segoviana, un choque no que os galegos exhibiron un nivel de xogo nos primeiros 45 minutos que, de conseguir replicalo ao longo do partido desta cuarta feira, podería conducilos a dar a sorpresa ante un equipo de superior categoría que, por sorte para os intereses do Arenteiro, está inmerso no seu peor momento da tempada, pois tan só sumou dous puntos dos últimos nove posíbeis.

Porén, o primeiro en entrar en acción será o Bergantiños, que recibe no campo das Eiroas ás 18.30 horas un Tudelano que, ao contrario do que acontece co Logroñés, parece que vai a máis logo dun frouxo inicio de campionato.

A pesar da súa teórica superioridade rival, o preparador dos navarros, Carlos Pérez Salvachúa, manifestou a súa preocupación polo feito de que o partido se dispute sobre céspede artificial, así como polo cansazo a causa de "ter que percorrer 800 quilómetros en máis de dez horas de autobús" no seu desprazamento até terras galegas.

Comentarios