Tirán e Chapela representarán a Galiza na "Nai de todas as regatas": a Concha

E a Rianxeira representará ao noso país na bandeira feminina da competición que decorrerá en setembro en Donosti

Calqueira que goce das traiñeiras debería ir, polo menos, unha vez á Concha, en Donosti, e vivir alí o que a "Nai de todas as regatas". A competición por antonomasia do remo e que ten lugar a mediados de setembro. Xa só clasificarse para competir nas augas do Cantábrico que bañan Donosti é un premio para calquera tripulación. E nesta edición da Bandeira da Concha haberá dúas representantes galegas: Tirán e Chapela. Esta última foi a gran sorpresa nas tandas de clasificación que veñen de ter lugar, pois non figuraban nas quinielas.

Na clasificación competiron 24 traiñeiras para lograr facerse un oco na Kontxa e clasificáronse oito. Alén das dúas galegas, haberá unha cántabra (Astillero) e cinco vascas: a anfitrioa (Donostiarra) e as de Kaiku, Urdaibai, Hondarribia e San Juan. Un plantel que promete que esta edición será competida nas augas da bahía da Concha.

Poder feminino galego

Mais non hai que esquecer que desde hai uns anos, na Concha tamén se disputa a bandeira feminina de traiñeiras, na que as vogadoras galegas mantiveron unha supremacía absoluta. Para esta edición, a embarcación de Galiza-Rianxeira volveu se clasificar e batallará polo primeiro posto coas tripulacións de Zumaia, Getaria-Tolosa e San Juan

Comentarios